An event every month that begins at 9:00am on day 23 of the month, repeating until 23/01/2020
Encontro comercial de longa tradición como punto de referencia para a venda de gando e excedentes agrícolas das pequenas explotacións da comarca. Arredor desas actividades históricas artéllase hoxe en día unha feira aberta aos alimentos transformados, as prendas de vestir, os pequenos apeiros de labranza e a artesanía que, xunto coas polbeiras, os postos de churrasco e de churros, manteñen viva a esencia das feiras de antano adaptada aos novos tempos.