Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Festa de Entroido na nave do mercado municipal

13 Febreiro ás 16:30 - 20:00

A área de Cultura programou un Martes de Entroido -festivo local- que comezará ás 16.30h. cunha gran festa na que haberá xogos para a xente miúda, música e o tradicional desfile de máscaras que premiará os mellores disfraces tanto infantís como de persoas adultas.

Os 3 mellores disfraces individuais da categoría infantil -menores de 12 anos- recibirán un agasallo sorpresa.

Na categoría adulta -maiores de 12 anos- haberá un único premio para o mellor disfraz, consistente nun vale de 30€ para gastar nalgún dos supermercados e tendas do concello: Casa Toniño, Supermercado O Cruce, Supermercado Ubaldo ou Supermercado Moeche. Ademais, a comparsa máis orixinal tamén levará un vale por importe de 75€ para gastar nalgún establecemento hostaleiro do municipio.

Os disfraces premiados elixiraos un xurado atendendo a múltiples criterios, como a vistosidade, a orixinalidade, o traballo e incluso a gracia coa que se metan as máscaras no seu papel. A súa decisión será inapelable.

E que ninguén se preocupe polo frío, xa que na nave do mercado haberá instalado un sistema de calefacción. Ademáis, ao rematar tomaremos un chocolate con churros ben quentiño.

Detalles

Fecha:
13 Febreiro
Hora:
16:30 - 20:00
Evento Categorías:
, ,

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal