Cargando Eventos

« All Eventos

Festa de Reis

04/01/2020 ás 16:30 - 20:00

O Concello organizará en colaboración coa ANPA do CEIP San Ramón a festa de benvida que merecen os Magos de Oriente. Chegarán á nave do mercado sobre as 19.00h., pero no lugar xa haberá moito rebumbio desde as 16.30h., momento en que comezarán todas as actividades coas que ir animando o ambiente: música, un obradoiro de maquillaxe, unha tirafonda xigante para apuntarlle a bonecos de neve, inchables, etc.

Para correr o frío haberá calefactores e tamén un saboroso chocolate con churros que se servirá de balde a iso das 19.30h.

Detalles

Fecha:
04/01/2020
Hora:
16:30 - 20:00
Evento Categorías:
,