Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Festa de Reis

04/01/2018 ás 16:30 - 19:00

É sabido que na véspera do Día de Reis, as súas Maxestades andan a mil para poder corresponder con agasallos as peticións de milleiros e milleiros de nenas e nenos de todo o mundo. Entre tanto traballo pode ocorrer que haxa algunha equivocación ou que se lles pase algo. Por iso é mellor ter previsión e asegurarse de que, polo menos en Moeche, os Magos do Oriente cumpren como é debido. Por iso este ano volvemos recibilos un día antes que os demais, asegurando desta maneira que boten máis tempo con nós para anotar devagar o que lles teñamos que pedir ou para entregarlles a carta en man.

Pero antes da chegada dos Reis, o Concello e maila ANPA do colexio organizaron unha grande festa de benvida na que teremos inchables, música, obradoiros e, para rematar a tarde, un saboroso chocolate con churros.

Detalles

Fecha:
04/01/2018
Hora:
16:30 - 19:00
Evento Categorías:
, , ,

Lugar

Recinto Feiral
San Ramón
Moeche, A Coruña Spain
+ Google Map