Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Aula TIC: Fotos con historia

26 Marzo ás 10:00 - 12:30

|Evento recurrente: (Ver todos)

An event every week that begins at 10:00am on Xoves, repeating until 24/04/2020

O labor da Aula CeMIT de Moeche céntrase en ofrecer cursos de alfabetización dixital dirixidos principalmente ás persoas de maior idade que queren estar ao día nos adiantos relacionados coa informática, internet ou os dispositivos móbiles. Porén, esa formación hai moitas maneiras de facilitala. O doado sería dar teoría e práctica sen máis, pero este servizo vai máis aló e ademais de ensinar a utilizar os dispositivos tamén busca que os usuarios e usuarias lles saquen o maior partido posible e que aprendan entreténdose. Máis aínda, tamén se pretende encamiñar as TIC cara outros campos, como por exemplo a súa utilidade na recuperación e difusión da memoria colectiva. Ese será precisamente o obxectivo do curso de fotografía dixital “Fotos con historia” que se desenvolverá todos os xoves de 10 a 12.30h. entre o 5 de marzo e o 24 de abril. O prazo de inscrición xa está aberto a través do teléfono 616 016 793, do correo aulaticmoeche@gmail.com ou presencialmente na Casa do Concello.

Detalles

Fecha:
26 Marzo
Hora:
10:00 - 12:30
Evento Categorías:
,
Evento Etiquetas:

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal