Cargando Eventos

« All Eventos

I Andaina-Trail Castelo de Moeche

17 Novembro ás 10:00 - 14:00

Tralo éxito organizativo das carreiras populares anuais, agora o Concello asumiu o reto de argallar no mesmo día un trail e máis unha andaina con saída e chegada en ambos casos no castelo de Moeche. O trail será un percorrido de 16 quilómetros e un desnivel de 800 metros, mentres que a andaina completará 12 quilómetros cun desnivel de 500 metros seguindo un itinerario máis doado. As rutas seguirán distintos puntos de San Xurxo, Labacengos e Santa Cruz e, tralo remate, estarán abertas as duchas da área recreativa de Souto Grande, onde se servirá un pequeno aperitivo para todas as persoas participantes.

A área municipal de Deportes conta coa colaboración do Club de Montaña de Moeche, entidade de recente creación que definirá os trazados e prestará apoio na loxística do evento.

Detalles

Fecha:
17 Novembro
Hora:
10:00 - 14:00
Evento Categorías:
, ,
Pagina Web:
http://www.galitiming.com

Lugar

Castelo de Moeche
San Xurxo
Moeche, Spain

Organizadores

Concello de Moeche