Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

II Concurso de Pincho en Pincho

18 Maio ás 20:00 - 20 Maio ás 15:00

Xa está en marcha a segunda edición do concurso co que se pretende dinamizar a hostalería local ademais de poñer en valor os nosos produtos e a nosa creatividade gastronómica. Con cada consumición que tomemos nalgún dos locais participantes ofrecerannos de balde un petisco que despois teremos que puntuar nas tarxetas do evento, dispoñibles en todos os establecementos. A especialidade máis valorada polo público será a que leve o premio, consistente nun diploma e nun distintivo acreditativo.

O II Concurso de Pincho en pincho desenvolverase o venres 18 de maio de 20 a 23.00h., o sábado 19 de 11 a 15.00h. e de 20 a 23.00h. e o domingo 20 só de 11 a 15.00h. Como novidade, este ano haberá un bus que percorrerá o sábado 19 pola tarde-noite todos os establecementos -agás Delfino, que pecha ese día- facendo parada en cada un deles, facilitando desta maneira que se complete a ruta sen ter que preocuparse por ter que coller o coche. O bus sairá de Casa Pena ás 20.30h. e continuará o percorrido pola Taberna Irmandiños, o Bar Xambas, Casa toñito, Café-bar Marcial, Bar Ubaldo, mesón O Campo e volta a Casa Pena. Daralle varias voltas a ese itinerario antes de rematar as viaxes a iso das 23.30h.

Os petiscos participantes son os seguintes:
-”Ovos Irmandiños”, da Taberna Irmandiños
-”Polo en salsa de queixo”, de Casa Toñito
-”Cachopiño de lombo”, do Mesón O Campo
-”Terra, mar e lume”, de Casa Pena
-”Fabas mariñeiras”, do Restaurante Delfino
-”Bocado de Xambas”, do Bar Xambas
-”Ubaldoviños”, do Bar Ubaldo
-”Albóndegas en salsa branca”, do Café-bar Marcial

Quen complete toda a ruta dos pinchos de Moeche tamén pode levar algún dos premios que se sortearán.

Detalles

Comienza:
18 Maio ás 20:00
Finaliza:
20 Maio ás 15:00
Evento Categorías:
,

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal