Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

II Xornada de Historia no Castelo: “Galiza e Irlanda: a súa irmandade”

9 Novembro ás 18:00 - 19:30

O Castelo de Moeche acollerá a segunda xornada de estudo da nosa historia organizada pola Sociedade Cultural Medulio en colaboración o Concello. O ano pasado coñecemos as orixes do estandarte real galego e de que maneira foi evolucionando ata se converter na actual bandeira. Neste 2019 o tema principal da xornada serán as relacións históricas entre Irlanda e Galiza. Uns vencellos dos que se ten constancia xa desde épocas anteriores á romanización e que son comúns a outros pobos atlánticos, aínda que no caso de Irlanda as semellanzas culturais son, se cadra, maiores. Desas similitudes -mesmo xenéticas-, das relacións socioeconómicas sostidas por vía marítima ao longo dos séculos e doutros aspectos que achegan ambas terras máis do que parece falaranos o profesor da UNED Ramón Sainero. Este estudoso e defensor da teoría celta sostén que as terras irlandesas foron colonizadas por navegantes do noroeste peninsular e que hai unha orixe compartida onde a lenda e a realidade histórica se xuntan a partes iguais.

O evento completarase cunha actuación musical. A entrada é gratuíta.

Detalles

Fecha:
9 Novembro
Hora:
18:00 - 19:30
Evento Categorías:
,

Organizadores

Concello de Moeche