Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

III Open de Dominó Concello de Moeche

14 Setembro ás 10:00 - 21:00

35€

A nave do mercado de San Ramón acollerá o sábado 14 de setembro o III Open de Dominó Concello de Moeche, coorganizado polo propio Concello, a Asociación Recreativa e Deportiva CVM e a Federación Galega de Dominó. Trátase dun torneo aberto que arrancará ás 10.15h. e que disputará durante o día un total de sete roldas rexéndose polo regulamento federativo tanto estatal como galego. Repartiranse máis de 1.000 euros en metálico -ademais de trofeos e outros agasallos- dentro das categorías de parellas e equipos. Para anotarse neste encontro hai que chamar ao 636 110 492, teléfono no que tamén nos facilitarán máis información sobre o desenvolvemento do aberto. O prezo son 35€ por persoa, xantar incluído, que deberán satisfacerse o propio día 14 antes do comezo das partidas.

Folleto do III Open de Dominó Concello de Moeche

Detalles

Fecha:
14 Setembro
Hora:
10:00 - 21:00
Precio:
35€
Evento Categorías:
,

Organizador

Asociación Recreativa e Cultural CVM
Teléfono:
636 110 492