Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

ITV de ciclomotores en San Ramón

10 Xaneiro ás 09:00 - 18:00

Unha unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos estará situada durante toda a xornada no recinto feiral de San Ramón -na nave do gando- para pasarlles a revisión a ciclomotores de dúas e tres rodas. É necesario reservar cita a través da web www.sycitv.com ou chamando ao teléfono 902 309 000. O horario de atención é o seguinte: de 9.00 a 13.30h. e de 15.15 a 18.00h.

Fai falla levar a documentación e o recibo do seguro e, ademais, tamén se aconsella mirar antes que os freos funcionen ben, que as rodas estean en bo estado e que traballen todas as luces e mailo claxon. Así teremos maior seguridade á hora de circular, e tamén máis posibilidades de que o ciclomotor supere a inspección á primeira.

Cómpre lembrar que os cuadriciclos -os “coches sen carné”- non poderán pasar aquí a revisión, senón que deberán facelo nunha estación fixa, igual que un turismo.

Detalles

Fecha:
10 Xaneiro
Hora:
09:00 - 18:00
Evento Categoría:
Pagina Web:
http://www.sycitv.com

Lugar

Recinto Feiral
San Ramón
Moeche, A Coruña Spain