Cargando Eventos

« All Eventos

ITV de maquinaria agrícola

28 Marzo ás 08:00 - 13:30

A unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos acudirá a Moeche para pasar as revisións  a tractores e outra maquinaria agrícola. Para pedir vez hai que chamar ao 902 309 000 ou ben reservar hora a través da web www.sycitv.com. Estará durante os días 27 e 28 de marzo no recinto feiral de San Ramón. O primeiro día atenderá en horario de mañá e tarde -de 9 a 13.30 e de 15.15 a 18.00h.-, mentres que o xoves 28 só atenderá pola mañá.

No día e na data en que nos dean a cita debemos acudir ao recinto da feira levando tanto o vehículo como a documentación. A saber: o permiso de circulación e a tarxeta da inspección.

Lembrade que os vehículos agrícolas están exentos de ITV ata que se cumpran os 8 anos da súa primeira matriculación e que entre os 8 e os 16 anos a revisión debe pasarse cada dous anos. A partir dos 16 anos cómpre acudir á revisión anualmente.

Detalles

Fecha:
28 Marzo
Hora:
08:00 - 13:30
Evento Categoría:
Pagina Web:
http://www.sycitv.com

Lugar

Recinto Feiral
San Ramón
Moeche, A Coruña Spain