Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

ITV móbil para revisión de maquinaria agrícola

14 Marzo ás 09:00 - 13:30

A unidade móbil da Inspección Técnica de Vehículos acudirá a Moeche para pasar as revisións a ciclomotores e a tractores e maquinaria agrícola. Para pedir vez hai que chamar ao 902 309 000 ou ben reservar hora a través da web www.sycitv.com. No día e na data en que nos dean a cita debemos acudir ao recinto da feira levando tanto o vehículo como a documentación. A saber: o permiso de circulación e a tarxeta da inspección. A estación móbil atenderá de 9 a 13.30h.

Lembrade que os vehículos agrícolas están exentos de ITV ata que se cumpran os 8 anos da súa primeira matriculación e que entre os 8 e os 16 anos a revisión debe pasarse cada dous anos. A partir dos 16 anos cómpre acudir á revisión anualmente.

Detalles

Fecha:
14 Marzo
Hora:
09:00 - 13:30

Lugar

Recinto Feiral
San Ramón
Moeche, A Coruña Spain
+ Google Map

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal