Cargando Eventos

« All Eventos

IV Feira da Faba de Moeche

19 Outubro ás 10:00 - 15:00

O sábado 19 de outubro xuntaranse na nave dos tecidos ducias de expositores con produto da máxima calidade. Confirmaron xa asistencia produtores e produtoras de dentro e fóra de Moeche, como as agrupadas en Terras da Mariña, Fabas O Castelo, Legumes e fabas Sanjurjo, Acastrexa -coa súa tradicional faba de ril-, a quen se unirán nas próximas semanas máis firmas especializadas en comerciar con este froito da terra.

O programa aínda non está pechado ao cento por cento, pero xa podemos adiantar que ás 13.00h. actuará a agrupación de canto e danza Armadanzas -dentro da Rede Cultural da Deputación da Coruña- e que, desde as 12.00h., poderemos degustar unha riquísima fabada preparada coa mestría de sempre pola Asociación veciñal de Labacengos.

Detalles

Fecha:
19 Outubro
Hora:
10:00 - 15:00

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal