Cargando Eventos

« All Eventos

IV Feira de gando vacún

23 Xuño ás 09:00 - 15:00

A feira anual de gando vacún, está a consolidarse, é que a maiores do mercado de gando habitual dos 11 e 23 de todos os meses, tamén trae unha exposición de exemplares de rubia galega pertencentes a ACRUGA, asociación de criadores de gando vacún selecto de raza rubia galega. Estes exemplares, a maior parte deles, de gandeirías do municipio; poderán verse na nave do gando durante toda a mañá.

Este ano voltaremos a ter o tan ansiado concurso de fotografía, un concurso no que a parte de premiar á imaxe máis votada nas redes sociais, un xurado especializado, escollerá a mellor imaxe dunha gandaría e a mellor imaxe que plasme a vida no rural. Na páxina web do concello, tendes as bases para poder participar nesta segunda edición do Concurso de fotografía Feira do gando vacún. E tamén para os gandeiros máis pequeniños teremos un touro mecánico nas inmediacións do recinto feiral, a ver quen é o que o da domado…

Detalles

Fecha:
23 Xuño
Hora:
09:00 - 15:00
Evento Categoría:
Evento Etiquetas:
,
Pagina Web:
https://moeche.gal/iv-feira-do-gando-vacun/

Lugar

Recinto Feiral
San Ramón
Moeche, A Coruña Spain

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal