Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

IV Feira do Queixo

17 Marzo ás 10:00 - 19:30

Feira do Queixo vaise consolidando e celebrará xa a súa IV edición coa participación de máis de 25 queixeirías, que ofrecerán unha ampla mostra dos melllores queixos artesáns galegos e doutros puntos, ademais de contarmos con postos de mel, panadería, doces e algún de artesanía.

Ademais de ser un escaparate do queixo de Moeche, os mellores queixos galegos estarán presentes nesta IV Feira, mais tamén queixos internacionais, de Estremadura, de León e de Asturias. Este ano teremos a Cangas de Onis como concello convidado, co Queixo de Gamoneu, un dos máis prestixiosos do Estado. Ademais a xornada acollerá a cata de queixos da man de mestres queixeiros galegos, cata na que se poderán degustar algúns dos produtos máis novidosos que veñen de acadar recoñecemento en diferentes concursos e encontros gastronómicos.

Non esquezades o Concurso de receitas con queixo. As bases pódense consutar nesta mesma web, e se queres aproveitar para visitar o Castelo, haberá servizo de bus gratuíto dende a Feira en diferentes horarios.

A xornada completarase con obradoiro infantíl de elaboración de queixo, obradoiro de cerámica, música co grupo Encrucillada, espectáculo de circo con Peter Punk… un amplo programa para unha boa feira, na que colabora Lácteos Moeche.

Detalles

Fecha:
17 Marzo
Hora:
10:00 - 19:30
Evento Categorías:
, , ,

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal