Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

V Slalom Concello de Moeche

14 Xullo ás 10:00 - 22:00

O son dos motores e da velocidade volverá asolagar as rúas de San Ramón co gallo da quinta edición do Slalom Concello de Moeche. Trátase dunha das probas máis prestixiosas do calendario automobilístico galego e tamén unha das máis espectaculares. Coches e equipos de todo o país participarán nesta disciplina onde a habilidade para trazar e recuperar o máis rápido posible son claves para o éxito. Á fronte da organización volve estar a Escudería Moeche, que cada ano dá máis mostras do seu bo facer para que todo saia á perfección e con total seguridade. O Concello colabora con esta entidade cunha achega de 2.500 € por medio dun convenio nominativo. Por outra banda, a área municipal de Servizos tamén se encarga de xestionar elementos necesarios como valados, locais, a presenza dunha motobomba, etc. Cómpre lembrar que o día do slalom estará cortado o tráfico nos arredores do Concello e tamén no recinto feiral.

Detalles

Fecha:
14 Xullo
Hora:
10:00 - 22:00
Evento Categorías:
, ,

Lugar

Moeche, San Ramón
Rúa da feira
Moeche, A Coruña 15563 Spain
Pagina Web:
https://slalommoeche.weebly.com/slalom-moeche

Organizador

Escudería Moeche