O alumnado do curso de cestería que organiza a asociación veciñal Val de Moeche ofrecerá unha exhibición da súa arte no castelo, onde tamén se poderá visitar unha mostra das cousas que fixeron nos últimos meses. A exposición estará aberta ata o 27 de maio nos horarios habituais da fortaleza. Compóñena cestos, cestas, adornos para botellas, bolsos, etc. Lembramos que a veciñanza de Moeche ten acceso libre ao castelo co pase anual que se deberá solicitar no Concello.