Cargando Eventos

« All Eventos

Feira da Faba

20 Outubro ás 10:00 - 15:00

O mercado deste sábado cobra unha especial relevancia ao acoller no seu entorno unha nova edición da Feira da Faba, coa que se quere darlle relevancia á produción desta legume con longa tradición no territorio. A cita está organizada polo Concello en colaboración coa Deputación da Coruña e as asociacións veciñais de Labacengos e do Val de Moeche. O programa inclúe un amplo mostrario de fabas da zona, pero tamén doutras partes de Galicia e mesmo de fóra. O público terá moito onde escoller para consumo ou para gardar para a semente.

Entre as actividades paralelas está a degustación de fabada -a partir das 12.00h., servida pola AVV de Labacengos.- e a actuación do grupo de Danza e canto Alxibeira, do Padroado da Cultura do Concello de Narón. Haberá tamén sorteos de agasallos, servizo de bar, postos de polbo e churrasco e obradoiros para a rapazada, ademais dos produtos habituais do mercado dos sábados.

Programa:

10:00h: Apertura dos postos.
– Postos habituais do mercado
– Produción de fabas locais e comarcais
– Produción de fabas de Terras da Mariña e Lourenzá

12:00h: Actuación do grupo de baile tradicional galego “Alxibeira” de Narón. Inicio da degustación de fabas.

12:30h: Obradoiro infantil “Pousada de insectos” (1.30h. de duración)

14:00h: Sorteo dunha cesta con productos da feira.

Este ano a feira adiántase un mes con respecto a anteriores edicións, co obxectivo de darlle maior entidade dentro do calendario de eventos agrogandeiros do municipio.

Detalles

Fecha:
20 Outubro
Hora:
10:00 - 15:00

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal