Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

1º Aniversario do Mercado de Moeche

29/12/2018 ás 10:00 - 14:00

Hai exactamente un ano que abría as súas portas o mercado semanal dos sábados na antiga nave dos tecidos de San Ramón, un espazo totalmente renovado e equipado para acoller eventos comerciais e tamén culturais. Neste tempo o mercado foi consolidándose pouco a pouco como un referente comarcal onde atopar produtos agroalimentarios frescos e elaborados -horta, froita, queixos, marmeladas, etc-, pan, peixe, artesanía, flor e outros artigos. Todo o necesario, en definitiva, para encher e decorar as mesas por estas datas ou en calquera outro momento do ano.

Nesta edición de primeiro aniversario, o Mercado de Moeche ofrece unha entretida programación paralela cun obradoiro de fabricación de candeas de Nadal e Aninovo -dirixido por persoal da Casa do Mel de Goente-, outro de elaboración de galletas artesás con Eva Quetti e unha actividade de iniciación á cestaría pensada para a rapazada en colaboración coa asociación Val de Moeche. A participación nos obradoiros é gratuíta e as inscricións deberán facerse no propio recinto.

Ademais, antes do remate do mercado sortearanse varios agasallos entre as persoas que fixesen algunha compra ao longo da mañá. Ah, e nun dos recunchos poderase admirar o grande e detallado Nacemento que decora o espazo durante este tempo de Nadal e Reis, onde o Carteiro Real enviado polos Magos do Oriente recollerá as cartas dos nenos dirixidas ás SS.MM.

 

Detalles

Fecha:
29/12/2018
Hora:
10:00 - 14:00

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal