Cargando Eventos

« All Eventos

Mercado de Moeche especial Nadal

21 Decembro ás 10:00 - 14:00

O Nadal é, de sempre, tempo no que máis se gasta en agasallos e alimentación. En quince días condénsanse a Noiteboa, o 25 de decembro, Ano vello, Reis… un non parar entre compras de última hora e xantares e ceas que cómpre aprovisionar nalgures de peixes, mariscos, carnes, sobremesas e mesmo detalles para engalanar as casas. E para todo iso temos oferta surtida no Mercado de Moeche, que o 21 de decembro celebrará unha edición especial de Nadal na que atopar aínda máis variedade e cantidade e, ademais, unha programación para todas as idades que chegará até a noitiña. Durante a mañá tamén haberá un posto especial da ANPA do CEIP San Ramón con xoguetes de segunda man á venda. 

11.30h. Showcooking no que veremos o proceso de preparación dun entrante e un primeiro prato con produtos dispoñibles no mercado.

13.00h. Actuación de baile e música do grupo tradicional do Padroado da Cultura de Narón

14.00h. Sorteo dunha cesta de Nadal entre todas as persoas que fagan algunha compra no mercado

16.30h. Obradoiro de globoflexia para a rapazada e espectáculo de maxia para toda a familia

18.00h. Sorteo dunha cesta de Nadal chea de cousas para a cativería

Detalles

Fecha:
21 Decembro
Hora:
10:00 - 14:00

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal