Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Obradoiro de cociña con Natividad Rodríguez

15/12/2017 ás 17:30 - 20:00

Co frio e a choiva apetece encender o forno, amasar e meterse a enredar na cociña…Ademais, a chegada do Nadal ofrece unha ocasión perfecta para probar novas receitas e compartir sabores coa nosa xente. Sabemos que sodes moitos e moitas as entusiastas da cociña e por iso organizamos un novo obradoiro no que aprenderdes a elaborar saborosos pratos que lle dean gusto ao padal e á vista.

Serán tres intensas xornadas impartidas pola cociñeira e reposteira titulada Natividad Rodríguez Urrejola. Rodríguez compartiu fogóns con Beatriz Sotelo, quen fora unha das metades do restaurante con estrela Michelín “A Estación” de Cambre e agora xefa de cociña do “Decanta-t” de Sada. Os menús que faremos consistirán nun entrante, un prato principal e unha sobremesa, ademais de coñecer os segredos dalgúns adornos comestibles de Nadal cos que converter a mesa nun espectáculo engaiolante.

Trátase dunha actividade gratuíta e as inscricións poden facerse presencialmente na Casa do Concello, chamando ao 981 404 006, ext. 2 ou a través do correo pilar.pazo@moeche.gal

Detalles

Fecha:
15/12/2017
Hora:
17:30 - 20:00
Evento Categorías:
,

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal