Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Obradoiro de panxoliñas “Imos cantarlle ao Nadal!!”

23/12/2017 ás 10:00 - 13:00

Non hai tanto tempo que a rapazada andaba polas portas durante a Noiteboa e a véspera de Reis ganando o aguinaldo con panxoliñas. A tradición foi indo a menos e hoxe só as persoas máis vellas lembran esta práctica que sería unha pena perder definitivamente. Por iso ordenamos de facer un obradoiro no que recuperar en familia os cantos de Reis e Nadal. Trátase dunha actividade para todas as idades na que aprenderemos ao longo dunhas tres horas unha chea de vilancicos galegos. “Vinde ver o neno”, “No pendello”, “Con un sombreiro de palla” e outras pezas tradicionais ou orixinais que no seu día foron gravadas por grupos como Xocaloma ou Fuxan os ventos.

Ademais de aprender música e letras tamén construiremos instrumentos e ao final da mañá faremos un pasarrúas pola feira do 23. A actividade é gratuíta, aínda que cómpre inscrición previa.

Público: nenas e nenos de 3 a 12 anos e tamén maiores que queiran participar
Inscrición
s: Na Casa do Concello, no 981 404 006, ext. 2 ou a través do correo pilar.pazo@moeche.gal

Detalles

Fecha:
23/12/2017
Hora:
10:00 - 13:00
Evento Categorías:
, ,

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal