Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Obradoiro “Tempo de mulleres, por ti mesma”

22 Marzo ás 17:30 - 19:30

¿Canto tempo te dedicas a ti mesma? Es de esas mulleres que poden con todo, que nunca teñen tempo, andas cansa e sen folgos, ou sacas forzas de onde non as hai, coidas doutras persoas, traballas, canto tempo dedicas a pensar no que ti precisas e en como ti te sentes?. Se cumpres tan só unha destas condición este espazo é para ti.

Coida de ti, porque se ti non te coidas, non poderás coidar. Coida de ti, porque a saúde non te pode fallar. Coidarás de ti, mereces parar, respirar e ollarte a ti mesma. Non te esquezas de ti, pensar en ti é tamén pensar nos teus.

A actividade Tempo de mulleres é un obradoiro que impartirá Laura Balado para poñer en valor cada persoa e traballar as relacións, -o autocoñecemento e a valoración persoal- a través de actividades tanto individuais como grupais. O papel da muller vai marcado durante anos, polo peso e a responsabilidade de pensar máis no outro que en si mesmas; é algo que xeración tras xeración se herda e se aprende. Nesta actividade procúrase atopar recursos para reenfocar a vida dun xeito máis saudable e acadar habilidades para terse en conta e valorar a importancia da confianza en si mesma e o auto-coidado.

As inscricións hai que facelas a través de orreo@moeche.gal ou presencialmente no departamento de Benestar Social ou no teléfono 981 404 006. A actividade é gratuíta e as prazas limitadas. Os obradoiros repítense os venres 29 de marzo e 5 e 12 de abril.

Detalles

Fecha:
22 Marzo
Hora:
17:30 - 19:30
Evento Categorías:
,

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal