Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Ruta turística da Escudería Moeche

10 Novembro ás 16:00 - 23:30

A Escudería Moeche é a organizadora da última proba do Open de Rutas Turísticas de Ferrolterra. Trátase dun rally social no que non se cortan tramos nin tampouco fai falla ter un coche especialmente preparado. De feito, o que se premia neste tipo de competicións é manter unha velocidade media inferior a 50 Km/h. e cubrir sen penalizacións (e dentro dun tempo determinado) un trazado por estradas convencionais da comarca.

O xeito de inscribirse e outra información sobre a proba estarán dispoñibles en breve na web da escudería -www.escuderiamoeche.com- e tamén nas redes sociais. O que si podemos adiantarvos é que a 5º Ruta Turística se desenvolverá o sábado 10 de novembro, previsiblemente cun horario de tarde-noite e cun prezo que roldará os 50€ por vehículo participante, incluída a cea para dúas persoas.

Detalles

Fecha:
10 Novembro
Hora:
16:00 - 23:30
Evento Categorías:
,

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal