Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Samaín no castelo da ANPA do CEIP San Ramón

03/11/2018 ás 16:30 - 20:00

A rapazada da escola e as súas familias levan a celebración do Samaín para dentro do castelo de Moeche, quizais un dos mellores espazos para gozar desta festa ancestral envolta en misterio que , pasiño a pasiño, vai recuperándose con serias dificultades para diferenzarse do “halloween”. Os nenos e nenas terán xogos, merenda e outras actividades coas que rememorar as antigas celebracións de cambio de estación e de contacto entre o mundo dos vivos e o do Alén.

A cativería non terá que pagar, mentres que o prezo para persoas adultas serán 2€.  O Samaín de Moeche -organizado pola ANPA da escola en colaboración co Concello- comezará sobre as 16.30h. e prolongarase ata o serán.

Detalles

Fecha:
03/11/2018
Hora:
16:30 - 20:00
Evento Categorías:
, ,

Lugar

Castelo de Moeche
San Xurxo
Moeche, Spain