Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro do grupo O Bordelo con Paco Piñeiro

23 Marzo ás 18:00 - 19:30

O grupo teatral O Bordelo, dirixido por Paco Piñeiro, actuará no Centro Cultural que leva o nome do seu director. Ofrecerannos a comedia “Toluras de Proveito”, unha peza que levará á reflexión ao tempo que nos fará pasar un rato agradable, unha peza na que a realidade pasa polo filtro da retranca.

Paco Piñeiro, o mestre, e os seus compañeiros conforman o grupo teatral O Bordelo, con 20 anos de experiencia nos escenarios e con excelente acollida por parte do público ano tras ano. Cal é o segredo? “O teatro popular di o que a xente cala pero querería dicir. Baixo a apariencia ten que haber unha verdade”, sostén o director.

Achéganos nesta ocasión ao local cultural de Abade unha comedia apoiada na realidade do tempo actual onde se chega a crer que a mellor profesión é ser rico e delincuente, dándolle a entender ás xeración seguintes que non é necesario aprender, reflexionar e traballar para vivir “humanamente”.

Pódense recoller as entradas gratuítas na Casa do Concello, nas oficinas de Cultura, desde o luns 18 de marzo. Reservaranse o 20% das entradas para a súa distribución o mesmo sábado 23 a partir das 17.30 horas.

Detalles

Fecha:
23 Marzo
Hora:
18:00 - 19:30
Evento Categoría:

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal