Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Visita teatralizada “A porta aberta do Castelo de Moeche”

10 Agosto ás 21:00 - 22:00

|Evento recurrente: (Ver todos)

An event every week that begins at 9:00pm on Venres, repeating until 31/08/2018

3€

Como sería a vida no castelo de Moeche aló polos séculos XIV e XV?. A fortaleza mantense case igual que na época do seu maior esplendor -e tamén a máis convulsa-, pero pouco podemos imaxinar do xeito de vida de quen moraron nela… das maquinacións e sucesos que ocorreron entre os seus muros. O castelo pervive e as pedras testemuñan sen falar a apresurada fuxida do seu señor, Nuno Freire de Andrade “O Mao”, acosado pola Irmandade Fusquenlla de Roi Xordo, e tamén dán conta da grande Guerra Irmandiña do 1467. Tras esta segunda revolta civil contra a opresión  só quedan na fortaleza dous cómicos que agora fan de anfitrións para o pobo nun castelo completamente baleiro. Esta é, en esencia, a sinopse de “A porta aberta do Castelo de Moeche”, unha visita teatralizada polo recinto da man da compañía Os Quinquilláns que se desenvolverá todos os venres dos meses de xullo e agosto a partir das 21.00h.

As entradas teñen un prezo de 3€ e haberá que reservalas previamente chamando ao 981 404 006 ext.2. A rapazada menor de 16 anos, as persoas maiores de 65 e as posuidoras do Carné Xove só pagarán 1,50€.

Detalles

Fecha:
10 Agosto
Hora:
21:00 - 22:00
Precio:
3€
Evento Categorías:
, , ,

Lugar

Castelo de Moeche
San Xurxo
Moeche, Spain

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal