XEORUTA DO TOELO (+ VISITA AO CASTELO)
Con esta visita guiada poderá coñecerse de primeira man un dos materiais ornamentais máis exclusivos que temos en Galicia, as serpentinitas ou toelo. Estas rochas, cunha fermosa cor verde, foron obxecto de explotación dende o século XIX en numerosas canteiras do concello de Moeche. Algunhas destas explotacións e os produtos finais do seu traballo (cruceiros, dinteis, hórreos, escaleiras, etc.) poderán visitarse e contemplarse nesta xeoruta.
Duración: 2,5 h. Distancia: 3 km. Dificultade: Baixa
Prezo: 6€. Nesta xeoruta só poderán asistir un máximo de 25 pers. Inclúe seguro de accidentes. Visita ao Castelo de Moeche incluida no prezo da inscrición.
Inscrición online na xeoruta: https://goo.gl/ooMj32