Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xeoruta por Mina Piquito

18/08/2018 ás 16:00 - 19:30

|Evento recurrente: (Ver todos)

One event on 28/07/2018 at 4:00pm

One event on 05/08/2018 at 4:00pm

One event on 18/08/2018 at 4:00pm

One event on 26/08/2018 at 4:00pm

One event on 01/09/2018 at 4:00pm

10€

Dentro da programación de lecer de cara ao verán, e como xeito de avanzar no proxecto do xeoparque do Cabo Ortegal, o Concello organizou 6 xeorutas que se adentrarán na Mina Piquito, onde observar unhas excepcionais formacións de estalactitas e estalagmitas de cor azul, verde, branca, marrón e negra. E a todo isto hai que sumarlle  que as rochas das galerías estiveron no fondo do mar hai aproximadamente 400 millóns de anos.

As inscricións hai que facelas na web rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com, como moi tarde, ata dous días antes de cada ruta. Hai un máximo de 20 prazas dispoñibles por ruta -fanse dous grupos de 10 para entrar na mina-  e fai falla ter máis de 11 anos para participar nelas.  O percorrido é relativamente curto e doado, aínda que cómpre ter en conta que a parte máis espectacular da ruta transcorre polas galerías da mina, que non están acondicionadas para persoas con mobilidade reducida. Na visita utilizarase luz artificial autónoma e, neste sentido, tamén se debe considerar que as características do xacemento non ofrecen condicións axeitadas para persoas con aprensión aos espazos escuros e pechados. No blog das inscricións  poden consultarse as datas de todas as citas e outra información de interese. Tamén é posible apuntarse chamando ao 981 404 006 ou no enderezo electrónico correo@moeche.gal.

Detalles

Fecha:
18/08/2018
Hora:
16:00 - 19:30
Precio:
10€
Evento Categorías:
, , , , , ,
Pagina Web:
http://rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com

Lugar

Mina Piquito
Amosa, Santa Cruz
Moeche, A Coruña 15563 Spain
Teléfono:
981404006

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal