Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornada informativa sobre a avespa asiática

14/04/2018 ás 10:30 - 13:00

Estamos na época en que a vespa velutina nigrithorax sae do seu letargo para empezar a fundar novas colonias, que chegarán ao seu máximo de actividade ao longo do verán. Por iso este é o mellor momento para atacar a praga colocando trampas nas que capturar raíñas. De feito, por cada velutina que pillemos neste tempo haberá un niño menos do que preocuparse no futuro. A Asociación Casa do Mel de Goente estará este sábado durante toda a mañá no Mercado de Moeche asesorando á veciñanza sobre como combater a avespa asiática. Darán consellos útiles, atenderán consultas sobre o ciclo biolóxico da praga e tamén entregarán trampas para colocalas en distintos puntos do municipio.

Detalles

Fecha:
14/04/2018
Hora:
10:30 - 13:00
Evento Categorías:
,