Cargando Eventos

« All Eventos

  • Este evento ha pasado.

Xornadas de deporte interxeracional

27/12/2018 ás 11:00 - 12:30

As vacacións do Nadal son un tempo en que a rapazada anda pola casa sen moito máis que facer que pasar o día xogando ou botando unha man nas tarefas domésticas. Para encherlles o tempo o Concello organiza tres xornadas gratuítas nas que practicar distintos deportes dos considerados como minoritarios e para facelo na compaña dun familiar adulto, como pode ser a nai, o pai ou algún dos avós. As propostas son as seguintes:

  • Mércores 26: Patinaxe no pavillón municipal, con quendas de mañá entre as 11 e as 12.30h. e de tarde das 19 ás 20.30h.
  • Xoves 27: Torneo de tiro con arco por parellas, tamén no pavillón, en horario de 11 a 13.00h.
  • Venres 28: Introdución e perfeccionamento en Pilates. A rapazada fará exercicios moi suaves para descubrir esta actividade, xa que o método Pilates só se recomenda para persoas adultas. Desenvolverase na antiga biblioteca municipal en turno de mañá -de 11 a 12.30h.- e en turno de tarde, das 19 ás 20.30h.

As inscricións nestes obradoiros deben facerse no 981 404 006 ou no correo daniel.feijoo@moeche.gal. O prazo para apuntarse remata ás 14.00h. do venres 21 de decembro.

Detalles

Fecha:
27/12/2018
Hora:
11:00 - 12:30
Evento Categoría:

Organizador

Concello de Moeche
Teléfono:
981404006
Email:
correo@moeche.gal
Pagina Web:
www.moeche.gal