“Castelo de Sons” con Pakolas

A partir das 20.00h. a fortaleza acollerá o primeiro concerto do ciclo “Castelo de Sons” coa actuación de Pakolas. Trátase dun espectáculo de música e xogo participativo pensado para nenas e nenos na compaña de papás e mamás, que disfrutarán de máis dunha hora de troula con Paco Cerdeira, exmembro de Mamá Cabra, do que formou parte durante 10 anos, e fundador de A Gramola Gominola.

Para acudir a ambas actuacións é preciso reservar a entrada no 981 404 006 ou en correo@moeche.gal. O aforo será limitado e debido ás circunstancias actuais as persoas non convivintes deberán gardar o distanciamento físico e será obrigatorio o uso da mascarilla.

No event found!

Submit a Comment