Charla-demostración do cociñeiro Antonio Díaz

O programa de dinamización do centro de apoio ao medio rural A Fusquenlla inclúe unha serie de demostracións ao vivo dirixidas polo cociñeiro Antonio Díaz, responsable nos últimos anos de varias iniciativas hostaleiras que apostan polo produto de proximidade. O chef  falará sobre o potencial culinario do produto local conservado, preparando durante as sesións distintos pratos e incidindo no alto valor engadido que teñen este tipo de elaboracións que en breve tamén se poderán facer co equipamento dispoñible n’A Fusquenlla.

No caso de Moeche a sesión desenvolverase na Nave do Mercado o 12 de novembro a partir das 18:00h. Ao seu remate farase un percorrido polas instalacións do centro de transformación.

As charlas teñen un cupo limitado a 25 persoas, polo que fai falla anotarse previamente a través deste formulario en liña, que pechará dous días antes de cada cita.  Podes consultar todo o calendario e outra información na web www.afusquenlla.gal

No event found!

Submit a Comment