Cine ao aire libre: “A sombra da lei”

O ciclo estival de proxeccións ao aire libre remata cun filme para maiores de 16 anos de produción e dirección galega. Trátase de “A sombra da lei”, unha película do monfortino Daniel de la Torre protagonizada por Luis Tosar e Michelle Jenner ambientada na Barcelona dos anos 20. Amor, acción e recreacións espectaculares póñense ao servizo dunha historia sobre os baixos fondos da cidade adobiada cun convulso contexto histórico. A entrada é gratuíta pero fai falla reservar no 981 404 006 ou en correo@moeche.gal. Importante: a proxección será diante da Casa do Concello, non en Soutogrande como as dúas anteriores.

  • 00

    days

  • 00

    hours

  • 00

    minutes

  • 00

    seconds

No event found!

Enviar comentario