XLIII Festival Irmandiño

Venres 19 de agosto:
A primeira xornada do Irmandiño organiza unha repichoca popular no campo do festival á que están chamadas todas aquelas gaiteiras, pandeireteiros, cantareiras e percusionistas que queiran sumarse a unha festa que contará como convidadas coa S.C. Airiños dos Carrís (Cerdido) e coas Cantareiras do Saíme (San Sadurniño).

Sábado 20 de agosto:
O día grande do Festival Irmandiño comezará ás 11:00h coa apertura do castelo con entrada libre. O programa da xornada abrangue actividades para todas as idades, moita música e o tradicional pregón e asalto á fortaleza:

Mediodía-tarde
13:30h Sesión vermú no campo do festival con picadiscos
17:00h Asalto infantil ao castelo
18:00h Competición de xogos tradicionais

Serán-noite
20:30h Lenda Ártabra e Ghaldaripas
21:30h Dequenvessendo (Galicia)
23:00h Neomak (Euskadi)
00:30h Lectura do pregón a cargo do actor César Cambeiro e, deseguido, asalto ao castelo
01:15h Banda Xangai (Galicia)
02:45h Farrapos de Ghaita (Galicia)

Domingo 21 de agosto:
Última xornada do Irmandiño, que se traslada ao pé do castelo. A partir das 13:30h haberá sesión vermú e un xantar campestre -cachelo, liscos, crioulo, xamón cocido e pan- con ración a 6€. Na sobremesa, a partir das 16:30h, actuarán No Cómbaro (As Pontes) e Encrucillada (San Sadurniño).

No event found!

Submit a Comment