Encontro de Nadal na AVV Val de Moeche

A asociación veciñal, cultural e recreativa Val de Moeche organiza unha chocolatada para as veciñas e veciños, co obxectivo de felicitarlles as festas e desexarlles que o 2022 sexa venturoso. O encontro é a escusa perfecta para seguir mantendo o vínculo social malia a situación na que nos encontramos e, nese sentido, a entidade súmase ao chamamento municipal de que se continúen poñendo en práctica todas as medidas de autoprotección para previr contaxios do coronavirus, tamén nesta cita programada para a tardiña do 19.

Ademais de tomar o chocolate e parolar, a asociación tamén fará o acendido simbólico dunha pequena iluminación de Nadal coa que decoraron o local do Pereiro. Val de Moeche convida a participar a toda a veciñanza e dun xeito especial ás persoas que viñeron vivir recentemente ás parroquias de San Xurxo e San Xoán.

No event found!

Submit a Comment