Feira das Fabas

Tralo parón forzado por causa da pandemia, e agora que as cousas parece que van a mellor, o Concello volve organizar unha nova edición da Feira das Fabas, coa que se quere poñer en valor este produto e promover a recuperación dun cultivo tan importante no pasado.

En San Ramón poderemos atopar fabas en cantidade e variedade de dentro e fóra de Galicia, ademais doutros alimentos frescos e transformados e artesanía. Tamén teremos degustación a prezos populares, propostas paralelas como un concurso para a rapazada, sorteos, teatro e música.

A Feira das Fabas desenvolverase adaptada á normativa de prevención que estea en vigor e aumentando o espazo dispoñible na nave do mercado coa instalación dunha carpa exterior que facilite o mantemento das distancias.

Programa completo da V Feira das Fabas de Moeche

  • 11:00h Mostra de cogomelos a cargo da A.VV. Val de Moeche.
  • 11:30h Apertura do Circuíto Infantil de Educación Viaria.
  • 12:00h Degustación da Fabada a cargo da A.VV. Labacengos.
  • 12:30h Actuación musical a cargo de Cuarteto Xente Nova (Ferrol).
  • 12:30h Concurso Infantil  “Imos debagar?” Proba de destreza e velocidade para a rapazada. Prazas limitadas, inscrición na propia feira.
  • 13:30h Sorteos de 5 vales de compra para o Mercado de Moeche e 2 lotes de produtos da feira.
  • 16:30h Teatro. “Cinco fabas para un chapeu”, de Alalá Turismo.
  • 17:00h Entrega de premios do concurso infantil.
  • 17:15h Peche da feira.
No event found!

Submit a Comment