Festa do Entroido 2026
Na Nave do Mercado do recinto feiral, no día grande, o 17 de febreiro, Martes de Entroido, teremos a Festa de Entroido con xogos, inchables, música e concurso de disfraces con premios nas categorías infantil e adulta. Inscricións para o concurso na mesma nave a inicio da festa. Comezará ás 17:00 h e durante o serán tamén se servirá chocolate con churros para a rapazada.
Máis celebracións do Entroido no concello de Moeche
7 de febreiro, Comisión de Festas de Abade, cocido tradicional e actuación musical, na nave do Mercado, a partir das 14 h,
14 de febreiro, A.VV. de Labacengos, xantar, concurso de disfraces e música no local social do Ventoeiro, a partir da 14.30h
28 de febreiro. AVCR Val de Moeche, xantar de Entroido e música no local municipal do Pereiro a partir das 14:00h.
E sen esquecer que na semana previa a comunidade educativa do CEIP San Ramón programa actividades en torno á tradición do Entroido.


