SUSPENDIDO! – Homenaxe á canteira Soledad Campos Gil

O Concello tiña previsto renderlle tributo neste día a Soledad Campos Gil, canteira de San Xurxo falecida en 1993. Debido á orde publicada pola Xunta na que se restrinxen a un máximo de 10 persoas os grupos de non convivintes, a celebración da homenaxe posponse para máis adiante, cando as condicións sanitarias permitan levala a cabo con seguridade. Informarase da nova data con antelación suficiente a través da web e das redes sociais.

Soledad foi -e é- un símbolo de afouteza e de superación das barreiras de xénero nun momento en que a sociedade pouco menos que reducía os roles femininos ao coidado da casa, a crianza da rapazada e os labores agrogandeiros (case nada). De familia de canteiros, esta veciña traballou o toelo coma os seus parentes e especializouse en servir anacos de serpentinita -unha das rochas que compoñen o toelo- aos estaleiros da ría, onde as pezas labradas e gardadas en caixas por ela se utilizaban para marcar liñas de corte e outras medidas nas chapas metálicas

Como homenaxe descubrirase unha escultura no adro da igrexa, obra do artista Carlos García. Ao acto, que é público, asistirán familiares e amizades de Soledad, quen se sumarán a un tributo merecido que non se lle rendeu en vida.

No event found!

Enviar comentario