Homenaxe á canteira Soledad Campos

O Concello volve programar para o 2 de maio a homenaxe a Soledad Campos Gil, canteira de San Xurxo falecida en 1993, despois de ter que suspender por causa da pandemia o evento que estaba previsto para novembro.  De familia de canteiros, esta veciña traballou o toelo coma os seus parentes e especializouse en servir anacos de serpentinita -unha das rochas que compoñen o toelo- aos estaleiros da ría, onde as pedras labradas e gardadas en caixas por ela se utilizaban como xiz para marcar liñas de corte e outras medidas nas chapas metálicas.

Soledad foi -e é- un símbolo de afouteza e de superación das barreiras de xénero nun momento en que a sociedade pouco menos que reducía os roles femininos ao coidado da casa, a crianza da rapazada e os labores agrogandeiros (case nada).

Como homenaxe descubrirase unha escultura no adro da igrexa, obra do artista Carlos García. Ao acto, que é público, asistirán familiares e amizades de Soledad, quen se sumarán a un tributo merecido que non se lle rendeu en vida.

No event found!

Submit a Comment