ITV vehículos agrícolas

A unidade móbil da inspección técnica de vehículos agrícolas estará en San Ramón en horario de 9.00h. a 13.30h. e de 15.15 a 18.00h.  Débese solicitar cita previa a través de www.sycitv.com ou chamando ao 902 309 000. Esta é a segunda vez que a itv móbil da maquinaria agrícola vén por Moeche en menos de cinco meses e, ademais, a concesionaria informou de que non volverá ata marzo ou abril do ano que vén. Isto supón un inconveniente para as persoas usuarias que pasaron a revisión anual en decembro pasado, posto que terían que volver pasala agora ou, se non, desprazarse antes da data de vencemento -en decembro deste ano- á estación da Gándara. O Concello solicitou formalmente que se prorrogase a validez desas itvs ata que a unidade móbil volva por Moeche. De momento non houbo resposta á petición.

En calquera caso, tanto a quen decida adiantar a inspección como a quen xa lle tocase nestas datas prégaselle a máxima puntualidade para evitar demoras innecesarias. É importante, ademais, levar toda a documentación requirida: permiso de circulación, o certificado de características técnicas do vehículo, a tarxeta da inspección técnica e o recibo do seguro.

A empresa concesionaria informa de que a admision de vehículos con características particulares estará a condicionada á posibilidade de realizar as operacións de inspección regulamentaria.

No event found!

Submit a Comment