
Mercado de Moeche
Verdura, froita, pan, empanadas, produtos elaborados, peixe e tamén artesanía. Todo á man, coa máxima calidade e con prezos inmellorables. O mercado de Moeche xunta no espazo da nave dos tecidos unha grande cantidade de mercadorías que, ademais, contribúen ao desenvolvemento da produción e o comercio de proximidade. No recinto tamén hai servizo de cafetaría.