Mercado de Nadal

O Mercado de Moeche dos sábados terá como protagonistas da xornada todos os produtos frescos e elaborados propios do Nadal e, ademais, ofrecerá unha programación paralela que se prolongará ata a noitiña. Confirmaron a súa asistencia máis dunha vintena de postos entre alimentación e artesanía, xunto coas mostras de torneado da Asociación Amigos da Madeira das Pontes, a colección de labores da AVV Val de Moeche -costura, madeira e cestaría-, o expositor solidario da ANPA do CEIP San Ramón -libros e xoguetes- ou o posto do Club de Montaña Moeche para a recollida de dorsais do Trail Castelo de Moeche, que se celebra ao día seguinte.

Este é o programa resumido:
10:00h Apertura do mercado
12:30h Apertura do circuíto de educación viaria
12:30h Actuación do dúo de zanfonas “Xemelgas”
14:00h Sorteo de dous lotes de produtos do mercado e dous bonos para gastar no comercio local
17:00h Chocolate con churros
18:00h Actuación de MeRe Clown co espectáculo “MeRe-cidamente”
19:00h Peche do mercado cos últimos sorteos: unha cesta infantil, dous lotes de produtos do mercado e dous bonos canxeables nos establecementos comerciais e de alimentación de fóra do mercado.

No event found!

Submit a Comment