Mercado de Nadal

O Mercado de Nadal de Moeche contará con actividades paralelas para toda a familia que lle impriman un ambiente aínda máis festivo e de lecer a unha cita na que atoparemos produtos típicos, artesanía e toda a calidade habitual dos sábados.

Programa completo

Programa completo

10.00h Apertura dos postos e dos recunchos con exposicións e oficios artesáns:

  • AVV Val de Moeche coa exposición de cestaría e artesanía en madeira
  • Asociación Amigos da Madeira das Pontes, que achegará unha escolma do seu traballo e explicará ao vivo o proceso de torneado
  • Mostra de encaixe de bolillos con pezas de Rosa Méndez, quen estará palillando durante a xornada

11.30h Obradoiro de bombóns e chocolates da man de Chocolates Moreno, para a rapazada. Prazas limitadas. Inscricións o propio día do mercado

12.30h Apertura circuíto de educación viaria

16.30h Obradoiro artístico de Nadal . Público infantil. Prazas limitadas .Inscricións o propio día do mercado

17.30h Exhibición das escolas de danza estética, hip-hop e baile moderno da Asociación Cultural Brío

18.30h Maxia @Temporal, co mago Charlangas. Humor e números espectaculares con cartas, bólas, moedas… nunha viaxe na que acompañaremos ao mago -convertido desta vez nun científico tolo- á procura dun tesouro

19.00h Peche da feira cos sorteos de Nadal: 1 cesta infantil, 2 lotes de produtos do mercado e bonos para gastar no comercio local (para comercio e para alimentación) fóra do mercado.

No event found!

Submit a Comment