MERCADO DOS SÁBADOS
O Mercado de Moeche está situado no recinto feiral do Concello de Moeche. Foi inaugurado no 2017, dende aquela abre os sábados (excepto festivos e días de feira) de 10.00 a 14.00h para achegar á xente da contorna produtos da nosa terra e de calidade.
Produtos de proximidade e calidade: peixe e marisco fresco, verdura, queixo, froitos secos, mel, froita, pan , doces, empanadas e tamén agasallos personalizados. Café-bar.


