Noites de cine: “A sombra da lei”

Película de acción policial ambientada nos convulsos anos 20 barceloneses que poderemos ver na Nave do Mercado. Dirixida polo monfortino Dani de La Torre e protagonizada por Luís Tosar e Michelle Jenner, “A sombra da lei” ofrece unhas espectaculares recreacións virtuais da cidade e todos os alicientes para entreternos durante hora e media. Como curiosidade cabe mencionar que varias escenas se rodaron na costa ferrolá.

A proxección forma parte do catálogo de espectáculos da Rede Cultural da Deputación da Coruña e as entradas poden reservarse chamando ao Concello -981 404 006- ou a través de correo@moeche.gal.

No event found!

Submit a Comment