Ruta por Santa Cruz

Ruta de sendeirismo pola parroquia de Santa Cruz sobre unha distancia circular de 10 Km. de dificultade baixa. Sairase da igrexa do Retorno ás 10.00 h e agárdase estar de volta sobre as 13.00 h. Recoméndase levar calzado e roupa axeitada para camiñar polo monte, ademais de auga e algún alimento lixeiro. A rapazada menor de 13 anos deberá ir na compaña dunha persoa adulta.

As inscricións para calquera destas rutas estivais, todas en domingo, poden facerse con cita previa até o venres anterior no departamento de Deportes, no correo daniel.feijoo@ moeche.gal, na Sede Electrónica municipal ou, o máis doado, contactando directamente co técnico telefonándoo ao 981 404 006 ext.3. Os impresos están a disposición das persoas interesadasna Sede Electrónica. No caso das rutas de sendeirismo -todas en domingo- as inscricións poderán facerse até o venres inmediatamente anterior.

No event found!

Submit a Comment