Teatro: “O castelo non é para nós”

“O castelo non é para nós” é unha obra a medio camiño entre a historia e o humor interpretada por Raquel G. Crespo e Yago Espasandín, que se representará na fortaleza de San Xurxo  os días 15 e 29 de agosto. Cada un deses días haberá dous pases, un ás 12.30h e outro ás 16.30h.

É obrigatorio reservar entrada chamando polas mañás de luns a venres ao 981 404 006 ou enviando un correo a turismo@moeche.gal. As entradas teñen fixado un prezo xeral de 5€ -2€ menores de 6 anos- e haberá que retiralas na taquilla do castelo minutos antes de cada representación. Co billete de acceso tamén se pode aproveitar para visitar as distintas dependencias da fortaleza e o Centro de Interpretación das Revolucións Irmandiñas.

 

 

 

No event found!

Submit a Comment