Última xeoruta por Mina Piquito

Finaliza o calendario de xeorutas de verán, que desta vez nos levará ao interior de Mina Piquito. Trátase dunha explotación de cobre que estivo en activo durante boa parte do século XX e que hoxe está abandonada. Tralo cesamento da actividade no seu interior empezaron a formarse estalactitas de cobre e manchas de xofre, o que converten as súas galerías nun dos mellores espeleotemas do noroeste peninsular. A antiga mina forma parte dos enclaves máis destacados do proxecto de xeoparque do Cabo Ortegal.

Durante esta xornada haberá dúas visitas, unha a partir das 10.00h. e outra a partir das 12.00h.

Os grupos para Mina Piquito están limitados a 10 persoas por quenda -maiores de 11 anos- e o prezo da inscrición son 10€, incluído o seguro de accidentes. Recoméndase levar botas até o xeonllo e tamén unha chaqueta ou outra prenda que cubra os brazos por mor do fresco que vai no interior das galerías.

As inscricións deben facerse a través dos formularios publicados no blog rutasxeoloxicasdegalicia.blogspot.com ou ben contactando coa Oficina municipal de Turismo no 981 404 006. As reservas ábrense 15 días antes de cada ruta.

  • 00

    days

  • 00

    hours

  • 00

    minutes

  • 00

    seconds

No event found!

Enviar comentario