Visita teatralizada ao castelo: “O castelo non é para nós”

O conde de Lemos, Pedro Álvarez de Osorio e a súa esposa Beatriz de Castro achéganse a Moeche para inaugurar o seu novo castelo… que non é novo, senón o vello reconstruído como castigo polos mesmos labregos que o derrubaran uns dous anos antes no escenario bélico da segunda Revolución Irmandiña. Trala inmisericorde represión da revolta, o nobre máis poderoso da Galicia daquel entón organiza canda a súa dona -e tía- unha grande festa de reestrea da fortaleza que esperan sexa recordada por sempre. Pero nada vai saír como eles pensan…

“O castelo non é para nós”, interpretada por Raquel G. Crespo e Yago Espasandín, representarase entre os muros da fortaleza os días 30 de xullo ás 21:00h, 7 de agosto ás 12:00h e 27 de agosto ás 16:30h. As entradas xa se poden ir reservando no 981 404 006 ou no correo turismo@moeche.gal. Teñen un prezo único de 5€ para maiores de seis anos.

No event found!

Submit a Comment